O presidente dos empresarios de Sada e o seu equipo dimiten polo artigo homófobo

Bernardo Valiño, que será relevado a mediados de semana, insiste en defender que se trata dun "artigo de debate".


|

Lgtbibanderahomofobia


O presidente da Asociación de Empresarios de Sada, Bernardo Valiño, e todo o seu equipo presentaron a súa dimisión a raíz do artigo homófobo publicado no xornal da asociación, tal e como recolle a Cadena Ser. Valiño di estar sorprendido polas críticas e insiste en defender o avogado e tesoureiro da entidade, Eduardo Lorenzo Martínez.


"O artigo propoñíase como un artigo de debate e hai que poñer sobre a mesa todas as cousas por duras que sexan, pero non é a súa postura nin a súa opinión sobre o tema polo cal nós temos un gran respecto", declarou á emisora. O presidente usou para desculparse a fórmula de "quen se sentise ofendido" e anunciou que a substitución se fará a mediados de semana.


O rexeitamento social tamén chegou aos propios socios, que mostraron o seu enfado. No propio Facebook da asociación, un deles, en nome tamén doutros compañeiros, Fernando Ucha, di non sentirse representados nas declaracións e xustificacións dadas nos últimos días e cualifica a publicación de "bochornosa e rozando o delituoso".


Veciños de Sada convocaron para este domingo, ás doce, unha concentración e unha cadea humana.

relacionada Reclaman que a Fiscalía tome "medidas contundetes" polo artigo homófobo
relacionada Un artigo dos empresarios de Sada equipara homosexualidade e incesto

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE