O BNG abandona o logotipo que usou durante os últimos 30 anos

A nova imaxe busca representar o "novo tempo político aberto no nacionalismo galego", segundo a formación frontista.


|


BNGlogo


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentou este mércores a que será a súa nova imaxe corporativa, un logotipo que substitúe o que a formación utilizou os últimos 30 anos e que busca representar o "novo tempo político aberto no nacionalismo galego".


Ana Pontón presentou esta nova imaxe, que xa se pode observar nos rótulos da sede nacional do BNG en Santiago, acompañada de dúas militantes, a de máis idade, Carmen; e de Catuxa que, con 16 anos recentemente cumpridos, é unha das incorporacións máis novas da formación.


Na súa intervención ante os medios, Ana Pontón explicou que con este novo logotipo o Bloque busca "recoller a traxectoria dun proxecto político que leva 35 anos traballando en defensa dos intereses de Galiza" pero tamén "demostrar" que é unha forza con "capacidade de adaptarse" aos novos tempos e "presentar un proxecto renovado".


Así, destacou que, tras a Asemblea Nacional na que ela mesma asumiu o liderado acompañada dunha executiva renovada, para os nacionalistas galegos era imperante "que houbese cambios" tamén na imaxe. Con todo, precisou que a decisión foi acordada na formación xa que o cambio se aprobou no Consello Nacional e foi realizado por "xente da casa".


Con esta iniciativa, engadiu, o Bloque tamén quere mostrar que ten "capacidade de mirar o futuro" e de ofrecer un horizonte diferente á mocidade galega. "Somos un proxecto renovado para todos os galegos cun obxectivo común, conseguir unha Galiza con capacidade para decidir", sinalou.


O novo logo que representará a formación nacionalista substitúe as letras maiúsculas polas minúsculas, incorpora un azul máis claro e ao recuperar as cores da bandeira galega, símbolo que se mantén na imaxe. "Cremos que transmite máis proximidade, máis modernidade e que vai máis cos novos tempos", destacou Ana Pontón.

relacionada O BNG, blindado ao redor de Pontón, proponse construír "o nacionalismo do S. XXI"
relacionada O BNG actualízase para "seguir sendo a casa común do nacionalismo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE