Sempre é bo presentarse

Roberto Martínez Guzmán
Escritor

"Roberto Martínez Guzmán nació y se crió en Ourense, donde todavía continúa residiendo.

Su carrera literaria comienza en 2010 con la publicación de Cartas desde el maltrato, un original libro de no ficción que no deja indiferente a nadie.
Tan solo dos años después, en 2012, presenta su primera novela, Muerte sin resurrección (Eva Santiago 1), que se revela como una historia cargada de intriga que pronto alcanza los primeros puestos de ventas de Amazon en varios países.
Con Café y cigarrillos para un funeral (Eva Santiago 2), consolida su habilidad para mantener inquieto al lector hasta la última página.
Su tercera novela, Siete libros para Eva, publicada en 2016, lo asienta de manera definitiva como un autor para el que la intriga en una novela es un requisito innegociable." 

Non sei ata que punto é habitual que un opinador recén chegado dedique o seu primeiro artigo a presentarse. A verdade é que nin o sei, nin o busquei. Esta é a miña primeira achega a este xornal e pensei que debía dedicar o artigo de hoxe a presentarme, como mostra de boa educación de calquera persoa que chega a un lugar no que outros xa están. 


Non son de dereitas nin de esquerdas, ou o son de ambas as ideoloxías dependendo do momento e o tema. Creo no benestar cidadán, na responsabilidade de quen nos goberna (si, ás veces son así de iluso) e estou firmemente convencido de que a paz, e a súa procura, xustifica todo ou case todo. Para min, a verdadeira fronteira de cada persoa sitúase no felpudo do seu fogar e se algo aprendín cos anos é que o ser humano, coa súa grandeza e as súas miserias, moitas máis das que é consciente, ao final é igual en todos lados.


Recoñezo que nunca me propuxen escribir unha columna como esta. Varias veces ofrecéranme esa posibilidade e sempre dixen que non. Iso significa que, por descoñecemento, quizá me salga moitas veces dos parámetros que se adoitan utilizar nestes casos, pero tamén é posible que de aí poida xurdir un punto de frescura que xustifique a miña presenza aquí. O certo é que nunca entendín por que a opinión dunha persoa é máis interesante que a doutras, por moito que a primeira poida ser coñecida e as segundas, non. E tampouco sei que esperan de verdade os lectores de alguén a quen lle ofrece unha columna pública para expresarse. Pura ignorancia en ambos os casos, que non se se quero corrixila.


Se nos atemos ao dicionario, a palabra opinador aplícase a quen dá unha opinión en profundidade sobre algo, pero eu prefiro pensar que, na miña condición de escritor, terei a imaxinación necesaria para descubrir un prisma novo en determinados temas que quizá non sempre poida expresar quen está máis sometido que eu á tiranía da realidade.


Neste sentido, hei de dicir que o meu son as novelas, tramas de ficción nas que pasa o que eu quero, os personaxes son como eu decido e acaban como a min me parece. E como xa confesei antes, nunca escribín artigos máis aló do muro do meu Facebook, pero se algo me motiva son os retos novos e creo que chegou o momento de embarcarme nesta aventura. Espero que valla a pena. Sobre todo, para os lectores, porque o que é para min, xa só o intento en por si xustifica o aceptar a proposta deste xornal.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE