Sindicatos sanitarios piden a recuperación dos acordos salariais suspendidos en 2009

Convocan para o día 14 de xuño unha manifestación unitaria en Santiago, e avanzan "grandes mobilizacións" se non se producen avances. 


|

Sindicatossergas 1


Representantes da Plataforma Sindical de Sanidade, integrada polos sindicatos CIG, CC.OO., UGT, CSIF, Satse e Sae; concentráronse este martes ante o edificio do Sergas en Santiago para esixir unha vez máis a convocatoria da mesa sectorial que permita recuperar os acordos salariais asinados en 2008 e suspendidos en 2009.


A concentración unitaria desenvolveuse tras unha pancarta na que se podía ler 'Que nos devolvan o roubado' e, durante ela, os representantes sindicais fixeron entrega dun escrito no que solicitan unha vez máis a convocatoria da mesa sectorial para negociar a recuperación dos complementos aprobados no seu momento.


Tamén reclamaron unha reunión con responsables autonómicos, aínda que desde Sanidade dixéronlles que este martes non podería recibilos ninguén, polo que os emprazaron a volver outro día. 


En declaracións aos medios, a secretaria nacional de CIG Saúde, María Xosé Abuín, criticou que, a pesar das mensaxes desde o Goberno galego nos que apuntan a que "hai unha recuperación da crise", o persoal sanitario continúa "oito anos máis tarde cos acordos suspendidos".


A maiores, denunciou que se "está a impedir que a mesa sectorial cumpra a súa función" no campo da negociación colectiva, polo que pediu que se "desbloquee" a situación e se convoque este órgano.


"Non imos cesar ata conseguir que se negocien estes acordos na mesa sectorial", dixo Abuín, á vez que lembrou que "un acordo sindical asinado e publicado no DOG é norma".


UN 30%


A responsable de CIG-Saúde subliñou que os acordos paralizados desde 2009 supoñen máis dun 30 por cento das retribucións e que afectan a aspectos relacionados coa penosidade do traballo. A súa recuperación, apostilou, permitiría "situar" ao persoal sanitario galego "na media do resto das comunidades autónomas".


A plataforma, que convocou para o día 14 unha manifestación unitaria en Santiago, avanzou ademais que, se non hai avances nos contactos coa consellería, haberá "grandes mobilizacións" despois do verán.

relacionada O Sergas desmantela un centro de saúde de Forcarei por aforrar 50.000 euros
relacionada Un verán "a pleno rendemento" para reducir as listas de espera hospitalaria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE