Un verán "a pleno rendemento" para reducir as listas de espera hospitalaria

CCOO insta ao Sergas a aproveitar a época estival no canto de "teimar" en pechar camas, servizos, plantas e manter quirófanos inoperativos. 


|

Quirofano


Que ocorrería na sanidade pública galega se o Sergas mantivese os servizos no verán funcionando con normalidade? Un estudo de CCOO calcula que as listas de espera se reducirían en 20.000 persoas.


O sindicato recupera unha análise elaborada hai tres anos, da que defende a "perfecta validez" no momento actual, para instar ao Sergas a aproveitar a época estival para mellorar as cifras de atención aos pacientes galegos.


CCOO explica a redución que prevé o seu documento pola "menor incidencia das enfermidades respiratorias, o que desconxestiona servizos como as urxencias". Por tanto, o sindicato critica a "teima" do Sergas en "pechar camas, servizos e plantas de hospitalización, ademais de manter inoperativos numerosos quirófanos" entre os meses de xuño e setembro.


A Federación de Sanidade de CCOO propón habilitar todas as camas e manter "a pleno rendemento" todos os quirófanos e servizos centrais, como radioloxía e laboratorios, non só para urxencias.


O sindicato tamén esixe "a substitución de horas extras en forma de peonadas ou voluntariedade por contratos para persoal que está no paro ou forma parte das listas de contratación, co que tamén se crearía emprego".

relacionada A Marea Branca augura "novos colapsos en urxencias" polo peche de camas no verán
relacionada O hospital de Lugo pecha no verán unidades "co 100% de ocupación ao longo do ano"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE