A Deputación de Ourense gasta 2,7 millóns de euros en dixitalizar o arquivo de La Región

Democracia Ourensana denuncia que se trata dunha "subvención encuberta a unha empresa privada" levada a cabo "con premeditación e aleivosía". 


|

Baltarouteirino


A Deputación de Ourense vén de anunciar que "dixitalizará e poñerá a disposición dos cidadáns o arquivo de La Región", que inclúe coleccións históricas e contemporáneas do xornal ourensán. A tal fin, a institución provincial vén de asinar un acordo coa empresa de comunicación ourensá por importe de 2,7 millóns de euros, polo que adquire estes fondos documentais, "de grande importancia histórica e cultural para investigadores e público en xeral".


A institución provincial especifica no acordo asinado con La Región que os pagos se dividirán en tres anualidades, a razón de 900.000 euros cada unha -importe que xa figura nos orzamentos da Deputación aprobados en setembro de 2016-.


O desmesurado importe da colaboración non pasou desapercibido para Democracia Ourensana, que onte tachaba o acordo de "subvención ilegal" baixo a "escusa" contable de compra do arquivo histórico. 


Pola súa banda, o presidente do goberno provincial destacaba onte que este acordo "é froito de conversacións mantidas durante os últimos anos para que a Deputación puidese adquirir estes fondos documentais tan importantes da historia recente da provincia de Ourense", á vez que mostraba o seu agradecemento ao Grupo La Región, segundo el, ao "existir outras ofertas para adquirir este importante arquivo xornalístico". 


Democracia Ourensana afirma nun comunicado difundido a través da súa páxina de facebook que a Deputación levou a cabo esta manobra "con premeditación e aleivosía", e "de costas á cidadanía" ao tratarse dunha "subvención encuberta a unha empresa privada" que consideran "empobrece a Ourense aínda máis". 

Nova Bomba Informativa de D.Ou.
Democracia Ourensá acaba de destapar que A Deputación de Ourense pechou unha subvención ilegal de 2.700.000 ? á Rexión (450 millóns de pesetas), baixo a escusa contable de compra do seu arquivo histórico. D.Ou. tentará abortar a operación.

Se xa estabamos atónitos a semana pasada pola perda de 15 millóns de ? de fondos europeos, e despois de que esta mañá Democracia Ourensá revelase que o Concello perdeu 200.000 ? de subvención da Xunta por facer tarde a obra do anexo do pabellónd e Os Remedios, a noticia que desvela agora en exclusiva Democracia Ourensá é o non vai máis.

Pois ben, comunicámoslles en exclusiva, que A Deputación de Ourense pechou unha subvención encuberta por un global de 2.700.000 ?, a favor do xornal A REGION, baixo a escusa contable de -compra do seu arquivo histórico-.

No mes de abril de 2017, e en todo sigilio sen resonder a DO cando fixemos as preguntas, a Deputación aprobara anticipadamente unha modificación de crédito baixo o nome de PROXECTOS CULTURAIS COMPLEXOS por un importe de 900.000 ? (carallo se eran complexos!). A D.Ou. chamounos a atención porque era unha especia de caixón de xastre porque non detallaba nada, era algo xenérico que pdoría usarse para diversos temas culturais. Pois non, o obxectivo era só un, e con predimetación e aleivosía

Pois ben, neste mes de maio, pechouse que A DEPUTACION DE OURENSE comprará o arquivo histórico do xornal A REGION POR 2.700.000 ?, a razón de 900.000 ? en 2017, outros 900.000 ? en 2018 e de novo outros 900.000 ? máis en 2019.

O primeiro pago de 900.000 ? xa foi ordenado o pasado venres 26 de abril.

E fíxose totalmente de costas á cidadanía e á oposición, aínda que Democracia Ourensá destapou este espolio do erario público.

Esta cifra de 2.700.000 ? coincide co importe da errada ampliación de capital de hai uns anos, cando se propuxo que A Deputación fose accionista da Rexión, e que foi abortada polo entón presidente da Xunta Touriño.

10 anos despois, volven á carga, e conseguen o diñeiro con ese movimento contable.

A Deputación baséase para iso en informes ad hoc, incluo co recochineo de que o arquivo histórico está valorado en moito máis diñeiro, e que consegue a un excelente prezo para a administración.

Democracia Ourensá entende que estamos ante unha subvención encuberta e ante un auténtico trato de favor cara a unha empresa privada.

D.Ou. estudará abortar a operación, por todos os medios legais posibles, porque entendemos que estamos ante unha subveción nominativa ilegal, enmascarada como compra, producindo un deseembolso de 450 millóns de pesetas, que empobrece a Ourense aínda máis.

60 minutos despois de que D.Ou. destapase o tema, a Deputación enviaba aos medios nota de prensa, como quen que xa ían enviala, aínda que D.Ou. non destapase o tema.



relacionada Baltar estrea este mes un Audi de 60.000 euros adquirido sen concurso público

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE