O PSOE de Ourense pide recuperar o proxecto de estación do AVE de 2011

Os socialistas denuncian que o primeiro proxecto sedesbotou por "ser demasiado caro" cando "o novo case triplica o investimento".


|

Averenfetren


O grupo municipal socialista de Ourense pedirá que se substitúa o proxecto modificado para a estación do AVE polo deseñado por Norman Foster e gañador do concurso público de 2011. E é que en decembro dese ano o Ministerio de Fomento adxudicou a Foster a estación do AVE, a pesar da oposición do PP.


En concreto, este feito tivo lugar no marco das negociacións para o traspaso de poderes, pois unhas semanas antes Mariano Rajoy gañara as eleccións xerais por primeira vez.


Segundo indicou o grupo municipal socialista nun comunicado, "ante a recente presentación para exposición pública do novo proxecto para a construción da estación do AVE en Ourense por parte do Goberno central, a Xunta e o Concello de Ourense, no que se modifica substancialmente o anteriormente aprobado e gañador dun concurso público [...], rexistramos unha moción para o seu debate no pleno do día 2 de xuño".


O obxectivo, explicaron os socialistas, é que se substitúa o proxecto da estación intermodal do AVE en Ourense de 2017 polo proxecto gañador do concurso de 2011. Así mesmo, o PSOE denunciou que o primeiro proxecto se desbotou por "ser demasiado caro" cando "o novo case triplica o investimento".


De igual modo, subliñou que en Vigo, A Coruña e Santiago se manteñen os proxectos das estacións iniciais, mentres que en Ourense, asegura o PSOE, "modifícase coa conivencia do alcalde do PP".


"E tampouco se pode esquecer a renuncia á Variante Exterior alcanzada en 2008 para recuperar o trazado da vergoña polo medio e medio da cidade, que de provisional non vai ter nada", resolveron os socialistas.

relacionada A intermodal de Ourense inicia esta semana a súa tramitación urbanística
relacionada Fomento confirma a chegada do AVE a Ourense en 2019

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE