A Deputación da Coruña blíndase contra ciberataques
O ente provincial elabora unha estratexia e protocolos para combater posibles incidentes e garantir os servizos prestados.

A Deputación da Coruña aprobou no pleno celebrado este venres unha política de seguridade da información que se implantará en todos os sistemas informáticos dependentes da institución provincial.
Segundo indicou a Deputación nun comunicado, este documento establece os protocolos, sistemas de xestión e estratexias a seguir para garantir a calidade da información.
Así mesmo, búscase que non se interrompan os servizos prestados pola Deputación en caso de incidentes fortuítos ou deliberados, como os ciberataques sucedidos recentemente.
España prepárase ante posibles ciberataques ou interferencias rusas nunhas eleccións
Escribe o teu comentario