A Deputación da Coruña programa máis de 1.100 actos culturais en 2017

O orzamento do programa ascende a tres millóns de euros, dos cales 1,3 son asumidos pola Deputación. 


|

Depuacoruna


A Deputación da Coruña organiza este ano, en colaboración cos concellos da provincia, e a través do programa 'Rede Cultural', mais de 1.100 actos culturais, segundo manifestou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso.


A Deputación da Coruña acolleu o acto da firma dos convenios que posibilitarán o desenvolvemento das actividades programadas na 'Rede Cultural', ao que asistiron alcaldes ou responsables municipais dos concellos, ademais do presidente da Deputación da Coruña e a vicepresidenta, Goretti Sanmartín.


González Formoso destacou o éxito da convocatoria, sinalando que en colaboración cos concellos celebraranse 1.170 eventos culturais.


En total, o orzamento do programa ascende a tres millóns de euros. Deles, 1,3 millóns son asumidos pola Deputación, que incrementou a súa achega en máis de 300.000 euros respecto ao ano pasado.


"ESPECTÁCULOS DIVERSOS"


Sanmartín puxo o foco nas axudas aos concellos máis pequenos, e é que a Deputación da Coruña concentra as axudas do programa en aqueles concellos que non superen os 10.000 habitantes.


En concreto, o ente provincial cobre "o 75 por cento" dos gastos dos actos programados naqueles municipios cunha poboación menor a 50.000 persoas.


"Queremos formar público", asegurou a vicepresidenta do organismo provincial. En canto á programación, destacou que o programa inclúe "espectáculos diversos".


Entre as actos destacan actuacións musicais de grupos galegos como Heredeiros da Crus, Familia Caamagno ou Fanfarria Taquikardia; varios números de maxia ou espectáculos de humor, entre outros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE