España prepárase ante posibles ciberataques ou interferencias rusas nunhas eleccións
Os servizos de intelixencia e de Defensa non descartan que se repitan no noso país as filtracións e a espionaxe contra candidatos.
España prepárase para previr eventuais ciberataques ou intentos de interferir nuns comicios por parte de Rusia ou doutros países estranxeiros, revelou este venres o ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, Alfonso Dastis.
Nunha entrevista en RNV, recollida por Europa Press, Dastis recoñeceu que en España podería suceder o que ocorreu en países como EEUU e Francia, onde se filtraron informacións aos medios de comunicación --algunhas directamente falsas, outras presuntamente obtidas pola espionaxe-- para prexudicar a uns candidatos fronte a outros.
"Se sucedeu noutros Estados membros non vexo por que non vai suceder en España", recoñeceu o xefe da diplomacia, que desvelou que os servizos de intelixencia e de Defensa están a prepararse e están a traballar xunto a outros países socios "para facer fronte" a esta ameaza.
Escribe o teu comentario