Aparece o corpo dun home afogado nunha piscina en Gondomar
Descoñécense polo momento as causas da morte do home.
Un home apareceu este sábado pola tarde afogado nunha piscina, concretamente na localidade pontevedresa de Gondomar.
En concreto, os feitos producíronse nunha propiedade do lugar de O Monteiro, na parroquia de Borreiros.
O 112 Galicia, tal e como informou, tivo coñecemento da situación ás 18,30 horas a través de Urxencias Médicas. De feito, foron os profesionais sanitarios quen solicitou a intervención das forzas da orde.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou ao GES do Val Miñor e á Garda Civil. Por agora, descoñécense as causas da morte do home.
Escribe o teu comentario