Galicia, segunda comunidade con maior número de afogados en 2017

|

Orzansalvamento


Un total de 111 persoas faleceron afogadas durante o primeiro cuadrimestre de 2017 en España e delas, o 70 por cento eran españolas e o resto doutras nacionalidades, segundo informou este martes o Consello Superior de Deportes (CSD). Galicia foi a segunda comunidade con máis vítimas nese período, con 22 falecidos.


Así, o informe de afogamentos da Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo (RFESS), do CSD, sinala que do total de vítimas, 97 foron homes (87%) e 14 mulleres (13%), mentres que en función da instalación, 48 dos falecidos morreron afogados en praias, 17 en ríos, 4 en piscinas e descoñécese o lugar en que se afogaron outras 42 vítimas. En total, tiñan nese momento algún socorrista vixiando nun 96 por cento dos casos.


Por meses, xaneiro foi o mes máis tráxico, con 34 falecidos (30%), seguido de abril, con 31 mortos (27,9%), marzo, con 29 afogados (26,1%) e o máis favorable foi febreiro, con 17 vítimas (15,3%).


En canto aos grupos de idade, os máis propensos a sufrir un afogamento teñen entre 35 e 75 anos e desta franxa, con 19 mortes (17,1%) son os que contan entre 55 a 64 anos. Con 17 afectados está a franxa de vítimas con idades de entre 35 e 44 anos e, en terceiro lugar, con 16 afogados, os que teñen entre 65 e 74 anos.


No primeiro cuadrimestre de 2017 faleceron dous menores de entre 0 e dous anos de idade, mentres que non morreu ningún neno de entre 4 e 10 anos.


Por último, por comunidades autónomas, Canarias é a máis afectada, con 27 dos afogados. A esta séguenlle Galicia, con 22; Andalucía, con 21; Cantabria, con 10 vítimas; Cataluña e Comunidade Valenciana, con 7 falecidos; Murcia, 5 mortos; Baleares, con 4; Castela e León, con 3 vítimas; Aragón, con 2 falecidos e Castela-A Mancha e País Vasco cun afogado respectivamente.

relacionada A familia do mozo senegalés afogado no Orzán pide axuda para repatriar o cadáver
relacionada Galicia rexistra 7 das 51 mortes por afogamento no que vai de ano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress