Ramón Carballo, novo presidente do PP local de Lugo co 98,8% de apoios

Feijóo animou ao presidente electo a facer "política útil" en contraposición ao "precario tripartito" que goberna en Lugo, ao que definiu como "laboratorio de ideas" do PSOE



|

Feijoocarballo


O popular Ramón Carballo, único candidato a presidir o PP local de Lugo, foi elixido co 98,81 por cento dos votos no marco do Congreso Local da formación.


A Xunta Directiva local estará formada, ademais do propio Carballo, por Enrique Rozas (vicepresidente), María Ángeles Teijeiro (secretaría xeral), Manuel López Fernández (vicesecretario de Medio Rural) e Mar Carballas Piñeiro (vicesecretaria de Comunicación e portavoz do Comité Executivo).


Tamén estarán Javier Vázquez Prado, a fronte de Programas e Xuventude; Antonio Ameijide Osorio, en Asuntos Municipais: e Javier Vázquez Nodal como vicesecretario de Coordinación de Procesos Electorais e relación cos afiliados e distritos.


Doutra banda, como vogais, estarán José Luis Castro Rodríguez, Alberto Lugilde Gude, Teresa Taboada Candal, Juan Carlos Plaza Gómez, José María Carballido Carballido, Manuela Ferreiro Fernández, José Antonio Fernández López, Eugenia Biscaíño Redondo, José Manuel Dobarrio López, Agustina Fernández Pérez e Juan Francisco Méndez Ruíz.


Tamén José Ángel Pardo Paz, Carlos Vázquez Pena, Alfonso Ibias Otero, Vicente Quintas González, Manuel Rodríguez Arias, Francisco López Quiroga, Jesús Gónzález Fernández, Carmen López Mosquera, José Nuñez Beloy, Noemí Belo Castro e Raquel Castiñeira Castelo. Asimesmo, a proposta do presidente, engádense dous vogais máis, que son: José Manuel Pereiro Pérez e Zoila Sánchez Gómez.


"CAPACIDADE DE TENDER PONTES"


O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, arroupou ao xa novo líder dos populares de Lugo no Congreso Local da formación, onde encomiou a súa "capacidade para tender pontes" e pediu "lealdade, unidade e traballo en equipo" aos afiliados.


"Leva moitos anos facendo esa política que de verdade importa: a que lles supón beneficios reais e tanxibles aos veciños", destacou, referíndose sobre todo á "capacidade para tender pontes, crear consensos e levantar concordias".


Do mesmo xeito, agradeceu a Jaime Castiñeira, antecesor no cargo, o seu traballo no últimos sete anos "nos que tivo a Lugo sempre na cabeza e no corazón", chamando así a todo o partido a crear unha alternativa política ao servizo dos veciños.


"Xuntos imos substituír as leas e bloqueos pola política útil, xuntos imos ofrecer solucións aos problemas dos cidadáns", sinalou, en contraposición ao "precario tripartito" que goberna na cidade de Lugo como "laboratorio de ideas" do PSOE.

relacionada O único candidato a liderar o PP de Lugo aposta por integrar correntes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE