A limitación da interinidade "pode supoñer o despedimento de 4.500" profesionais sanitarios

Sanidade reitera o seu compromiso "firme" de publicar a OPE de 2017 e de negociar as súas características na mesa sectorial, ante a preocupación de ASMIG.


|

Sanitariosquirofano


A Consellería de Sanidade reiterou este xoves o seu "compromiso firme" de publicar a OPE de 2017, que implicaría "como mínimo máis de 800 prazas", e de negociar as súas categorías e cronograma na mesa sectorial de sanidade.


Así o comunicaron a Europa Press fontes da consellería despois de que a Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig) reclamase coñecer canto antes os datos desta OPE, así como o futuro dos traballadores temporais da sanidade galega.


O Sergas, apuntou Sanidade, "a diferenza doutros servizos de saúde", convocou desde o ano 2012 OPE anuais, "a pesar das limitacións da taxa de reposición imposta pola lexislación estatal".


Do mesmo xeito, esas 800 prazas "poderíanse duplicar unha vez se publique a Lei de Orzamentos do Estado.


Este compromiso, apostilou, está reflectido no Plan de Estabilidade no Emprego, publicado no Diario Oficial de Galicia do pasado día 4 de maio e asinado polos sindicatos CEMS OMEGA, SATSE e CSIF.


As categorías para convocar e o cronograma da OPE, concluíu, serán negociadas na mesa sectorial de sanidade, nos termos que se recollen no propio Plan de Estabilidade, de tal maneira que no próximos tres anos se poida alcanzar unha taxa de temporalidade do 5%.


RECLAMACIÓN DE ASMIG


Recursos Humanos do Sergas desestimou un recurso interposto polo portavoz de Asmig contra a Resolución de publicación das listas de selección temporal, ao entender que as puntuacións outorgadas polo baremo a algúns dos integrantes desas listaxes "poderían vulnerar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no acceso ao emprego público".


O argumento principal do recurso consistía na asignación de 11 puntos pola mera posesión do Título MIR de Familia, a pesar de que estes sanitarios "non poden xustificar na maioría dos casos período algún de formación en servizos de atención primaria".


Para Asmig, "a pinga que colmou o vaso" foi "o anuncio da posible limitación dos contratos de interinidade" a un máximo de tres anos. A aplicación deste correctivo "podería supoñer o despedimento de ata 4.500 persoas", que "serían expulsadas do sistema sanitario no caso de que non se estableza a obrigación de converter en estruturais todas esas prazas agora ocupadas irregularmente".

relacionada Un verán "a pleno rendemento" para reducir as listas de espera hospitalaria
relacionada Preocupación polo estancamento das doazóns de sangue en Galicia
relacionada UGT reclama ao Sergas 2.500 prazas na OPE de sanidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE