A Armada prepárase en Ferrol para actuar como antidisturbios en protestas
Efectivos da Infantería de Mariña realizan un simulacro unha vez ao ano "co maior grao de realismo posible".
O Cuartel de Dolores, sede do Terzo Norte de Infantería de Mariña, na cidade de Ferrol, acolleu un simulacro dunha unidade de antidisturbios da Policía Naval, facendo fronte a unha manifestación ficticia non autorizada, nas inmediacións da entrada principal do centenario acuartelamento ferrolán.
O simulacro, no que participaron unhas 30 persoas, está enmarcado en FPEX-17, o maior exercicio dos que desenvolve cada ano a Forza de Protección da Armada (FUPRO).
Ao termo do mesmo, o coronel do Terzo Norte, Carlos Pérez-Urruti, destacou que este é "o exercicio máis importante que ten a Forza de Protección dentro da Forza de Infantería de Mariña, que é a encargada de dar seguridade física".
"Unha vez ao ano facemos este tipo de exercicios co maior grao de realismo posible, tratamos representacións que se poderían dar nun caso de real e comprobar que os procedementos, plans e as capacidades están adecuadas ás posibles ameazas".
Así, considerou "positiva" a realización desta práctica. "A capacidade de control de masas é unha das que temos máis desenvolvidas e practicadas, algo que temos consolidado", sinalou.
Escribe o teu comentario