O PSdeG votará por primeira vez a favor da investigación parlamentaria de Angrois

O PP xa avanzou que se opoñerá a esta posibilidade para non crear "interferencias mentres está 'sub iudice'.


|

Angroiscongreso


O PSdeG mostrou este martes o seu apoio a unha investigación parlamentaria do accidente ferroviario de Angrois no que faleceron 80 persoas en xullo de 2013, que apoia que leve a cabo no Congreso dos Deputados. Desta forma, será a primeira vez que, en Galicia, os socialistas emitan un voto favorable á comisión que reclaman as vítimas.


Ata a data o PSOE galego mantivera unha postura de abstención ao argumentar que o lugar para esta comisión debe ser a Cámara baixa e non a galega. E é que é a primeira vez que o Parlamento autonómico debate unha iniciativa que só demanda a investigación nas Cortes.


Este martes, o deputado de En Marea Antón Sánchez defendeu unha iniciativa no Pazo do Hórreo --que se votará o mércores-- na que se reclamaba instar á Xunta a dirixirse ao Congreso para constituír unha comisión de investigación parlamentaria sobre o sinistro.


O PP xa avanzou que se opoñerá a esta posibilidade para non "crear interferencias mentres está 'sub iudice' --baixo decisión do xuíz-- o caso, pero defende unha nova investigación técnica. Con todo, o portavoz parlamentario dos socialistas galegos, Xoaquín Fernández Leiceaga, que presentou unha emenda ao texto de En Marea, xa anunciou que, acéptenlle ou non a súa modificación, votará a favor da proposta polo "valor simbólico" que tería a súa aprobación.


Segundo Leiceaga, un acordo en Galicia sumado ao recente apoio do Parlamento de Castela e León --primeira cámara autonómica que apoia unha creación de comisión-- "podería ser a chave que abre a porta á investigación no Congreso dos Deputados". Por iso, mostrou o seu partido votará si "con sinceridade".

relacionada 35.000 firmas para que Díaz, Sánchez e López se comprometan "coa verdade" sobre Angrois
relacionada PP, PSOE e Cs vetan debater a creación dunha comisión de investigación sobre Angrois
relacionada Rexeitada por terceira vez a comisión de investigación do Alvia no Parlamento

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE