Estado Islámico reivindica o atentado de Manchester

Hai máis dunha vintena de mortos e 50 feridos | A explosión tivo lugar no Manchester Arena, cando acababa un concerto da cantante Ariana Grande.



|


AtentadoManchester


O grupo terrorista Estado Islámico reivindicou a responsabilidade polo atentado suicida que acabou coa vida de polo menos 22 persoas e deixou máis de 50 feridos no estadio Manchester Area este luns.


O grupo terrorista vén de facerse cargo do atentado nunha mensaxe publicada na axencia de noticias Amaq, no que asegurou que o ataque foi obra dun "soldado do califato". O grupo terrorista dixo que o seu "soldado" colocou varias bombas e non menciona que morrese no ataque.


Estado Islámico xa ameazara en repetidas ocasións con atentar no Reino Unido. O grupo terrorista reivindicou a autoría do ataque nos arredores do Parlamento de Westminster que deixou cinco mortos o 22 de marzo.


A Policía de Manchester informou este martes que detivo a un home de 23 anos de idade pola súa suposta relación co atentado.


"En relación co incidente da pasada noite no Manchester Arena, podemos confirmar que arrestamos a un home de 23 anos no sur de Manchester", asegurou a Policía nunha mensaxe publicada na súa conta oficial da rede social Twitter.


Minutos antes, a primeira ministra británica, Theresa May, asegurou nunha comparecencia ante a prensa que os investigadores cren ter identificado o autor do ataque suicida.


ATENTADO


A Policía británica confiromou a morte de 22 persoas na explosión rexistrada esta noite no Manchester Arena, cando os asistentes saían ao termo dun concerto da cantante Ariana Grande, agregando que se tratou dun atentado suicida.


O xefe da Policía de Manchester, Ian Hopkins, afirmou que o atacante "traía un artefacto explosivo improvisado que activou, causando esta atrocidade", segundo informou o diario local 'The Guardian'.


Podes ampliar esta información en PressDigital.

relacionada Un xihadista mata a un policía e deixa outros dous feridos graves nos Campos Elíseos
relacionada O Estado Islámico reivindica a autoría do atentado de Londres

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE