O Estado Islámico reivindica a autoría do atentado de Londres

|

Atentadolondreswestminster


O grupo terrorista Estado Islámico reivindicou este xoves a autoría do atentado rexistrado este mércores xunto ao Parlamento británico en Londres a través da súa axencia de noticias Amaq.


Dúas persoas morreron atropeladas na ponte de Westminster e un axente morreu apuñalado polo agresor, que foi abatido a tiros pola Policía no patio de acceso do Parlamento.


Segundo revelou este xoves a primeira ministra, Theresa May, o autor do atentado naceu no Reino Unido e foi investigado no pasado polo MI5 por extremismo violento pero como "figura periférica" e actualmente non se atopaba no radar dos servizos antiterroristas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress