Culpan da morte do octoxenario de Moraña á filla da súa parella
A Garda Civil dá por rematada a investigación, coa muller ingresada nunha unidade de Psiquiatría.
A Garda Civil atribúe a morte do octoxenario de Moraña, cuxo corpo sen vida foi achado este sábado pola mañá, a a filla da súa curmá e, á vez, parella.
Tal e como confirmaron a Europa Press fontes da investigación, as dilixencias xa foron entregadas ao Xulgado de Instrución nº1 de Caldas de Reis.
Deste xeito, dáse por finalizada a investigación da morte do octoxenario, que apareceu con "moitas feridas de arma branca" á beira da súa casa, en no lugar do Apedrado, situado na parroquia de Amil.
A muller foi ingresada na unidade de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).
Escribe o teu comentario