As Letras Galegas tamén se celebran en Cataluña
Varias asociacións vinculadas con Galicia organizaron para esta fin de semana actos de homenaxe a Carlos Casares.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desprazouse esta fin de semana a Cataluña para participar nos actos de celebración das Letras Galegas nesta comunidade.
Deste xeito, Valentín García respondeu ás invitacións da Irmandade Galega O Botafumeiro de Cerdanyola del Vallés, da Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona e do Centro Galego de Barcelona, tal e como indicou a Xunta nun comunicado.
E é que a Secretaría Xeral de Política Lingüística continúa, tras o 17 de maio, coa súa actividade de promoción da lingua galega e coa difusión da obra do autor das Letras 2017, o ourensán Carlos Casares.
Escribe o teu comentario