Eixo Atlántico pide que os Erasmus tamén se beneficien do fin do 'roaming'
Solicitan o apoio dos reitores das Universidades españolas e portuguesas.
O Eixo Atlántico remitiu unha carta ao comisario de Mercado Único Dixital da Comisión Europea, Andrus Ansip, para reclamar que se revise a situación dos Erasmus para que sexan incluídos entre os beneficiarios da desaparición da tarifa móbil en itinerancia ou 'roaming' na Unión Europea.
A nova normativa aplicarase a usuarios de telefonía móbil en tránsito (viaxeiros, e traballadores transfronteirizos), de maneira que, mentres estean máis tempo no seu territorio nacional que no estranxeiro, poderán beneficiarse de prezos nacionais tamén fóra das súas fronteiras, tomando como período de referencia catro meses consecutivos.
Neste marco, o secretario xeral do Eixo, Xoan Vázquez Mao, incidiu na necesidade de eliminar as cláusulas de "uso abusivo" que contén a normativa e que afectan aos Erasmus, quen ven penalizados por "uns custos de 'roaming' que poderían eliminarse facilmente coa presentación do documento universitario acreditativo ante a operadora".
Para iso, o Eixo solicitou o seu apoio á Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) e ao Conselho de Reitores dás Universidades Portuguesas (CRUP), para o que remitiu cartas aos seus respectivos presidentes, Segundo Píriz e António M.Cunha, para que soliciten á Comisión Europea a inclusión dos Erasmus entre os beneficiados.
Escribe o teu comentario