Máis de 200 expertos en impresión 3D celebran o vindeiro martes un cume industrial en Nigrán

|

Impresion3d


Máis de 200 profesionais e expertos en impresión 3D, fabricación aditiva e industria 4.0 participarán o vindeiro martes, día 23, no 'II Cume industrial 4.0', que contará con relatorios prácticos e dinámicos, espazos demostrativos e casetas con pezas reais creadas con tecnoloxía de fabricación aditiva.


O evento, que terá lugar no Centro de Negocios Porto do Molle, en Nigrán (Pontevedra), foi presentado este venres polo secretario xeral da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime), Enrique Mallón, e o director xeral da empresa de consultoría e impresión 3D Lupeón, Luís Mandayo.


Mandayo destacou entre as principais vantaxes da fabricación aditiva a liberdade de deseño, acurtar os tempos de desenvolvemento de produto e a elevada competitividade deste tipo de fabricación para producir series curtas, principalmente nos sectores de automoción, aeronáutico e militar.


Pola súa banda, Mallón engadiu que este sistema de fabricación aditiva non substitúe os sistemas de fabricación tradicionais por mecanizado, senón que "engade valor ao proceso e o importante é a súa integración coas tecnoloxías existentes, mellorando así a competitividade das empresas".

relacionada Fancisco Conde: "Galicia non quere competir por investimentos low cost"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress