En Madrid insinúan que o Celta xogará primado contra o Real Madrid
Este mércores dispútase o partido aprazado polo temporal que pode decidir a liga e o madridismo especula con maletíns.
O madridismo comezou a especular con maletíns na véspera do partido que enfronta aos brancos co Celta. É o partido que fora aprazado polo temporal que provocou danos en Balaídos e que xa sacara a peor cara do Madrid.
Pois neste punto, onde o choque contra o equipo vigués pode decidir a liga, a contorna do club merengue comezou a estender rumores de maletíns. O polémico director de OK Diario, Eduardo Inda, insinuou pouco disimuladamente nun programa de televisión que o Celta xogará primado. Segundo o tertuliano, o Barça ofrece tres millóns pola vitoria ante o seu eterno rival, ao que xa superou na Copa do Rei en xaneiro.
Ademais, o diario As reprocha na súa portada que Berizzo saque o once de Old Trafford, o once de gala, para medirse ao Real Madrid, cando o único que se xoga é deixar unha boa imaxe na súa despedida da liga, tras varios partidos sen gañar.
Escribe o teu comentario