Unha anciá soporta viaxes de 6 horas ao seu tratamento tendo un hospital á beira da casa

A muller, natural de Carnota, ten que se levantar tres días á semana ás 5:30 para acudir ás súas sesións de hemodiálise en Santiago, tendo o de Cee a 20 minutos


|

Hemodialisis2

A Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade Pública vén de denunciar a situación que vive unha veciña de Carnota (A Coruña), que "aos seus 70 anos e con múltiples patoloxías renais e cardiovasculares", ten que levantarse "tres días á semana ás 5,30 da mañá" para desprazarse ata o Hospital de Santiago de Compostela e ser sometida ao seu tratamento de hemodiálise. A viaxe, segundo o comunicado da coordinadora, é interminable: tres horas de Carnota a Santiago, catro de hemodiálisis, e outras tres de viaxe de volta a Carnota.


E todo iso, dispoñendo dun hospital, o da Virxe da Xunqueira, en Cee, a tan só 20 minutos do seu domicilio, onde podería realizar o tratamento, polo que a familia xa solicitou á Xunta o seu traslado.


Esta situación paradoxal prodúcese porque o Hospital de Cee non corresponde á súa área sanitaria, aínda que o fillo da afectada declarou estar disposto a levala persoalmente a Cee para "acabar coa tortura que supón para unha persoa da súa idade ter que levantarse ás 5,30 da mañá, e aguantar seis horas de viaxe e catro de tratamento".


Nun recurso presentado pola familia para obter o traslado, exponse que as enfermidades que padece, unidas á súa idade, cáusanlle a esta veciña de Carnota "un esgotamento físico e psicolóxico considerables, agravando outros males que padece". Tachan este sufrimento de "innecesario", posto que o mesmo programa de diálise tamén está dispoñible en Cee.


"Non podemos permitir este tipo de situacións infrahumanas", denuncia a Coordinadora, que atribúe á "escaseza de medios da sanidade galega" tales circunstancias, que "acaban pagando os pacientes, moitas veces coas súas vidas". "Os recortes matan e non podemos quedar calados ante tanto desprezo e falta de empatía dos actuais xestores do Sergas", remachan. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE