O delegado do Goberno non cre que estean a cambiar os roles do narcotráfico en Galicia

Un dos españois detidos este luns polo cargamento de cocaína incautado en Ecuador está en prisión e o resto, en liberdade tras pasar a disposición xudicial.


|

Santiagovillanuevadelegadogoberno


A operación contra o narcotráfico na que este luns se incautou en Ecuador un cargamento de máis de 5 toneladas de cocaína continúa aberta. Un dos españois detidos está en prisión e o resto quedaron en liberdade tras pasar a disposición xudicial.


Así informou este martes o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, que non interpreta que estean a cambiar os roles do narcotráfico en Galicia. Villanueva asume que "hai un interese por introducir esta droga en Galicia, pero tamén pretendían entrar por Canarias". Por tanto, destacou que as últimas incautacións "impiden que 10.000 quilos de cocaína cheguen ao noso territorio e poidan ser distribuídos".


O delegado do Goberno felicita á Policía Nacional e o resto de corpos de seguridade nacionais e internacionais que participaron na operación. "Levan tempo traballando e culmina cando os investigadores deciden que é o momento adecuado para rebentar a operación", declarou.

relacionada O transporte de cocaína desde Ecuador estaba dirixido por unha "organización galega"
relacionada Os narcotraficantes detidos en Vigo e Padrón pertencen a un cártel colombiano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE