Bescansa: "A loita contra o machismo non é unha opción, senón unha obrigación"

A deputada de Unidos Podemos participou en Ames nunhas xornadas organizadas por Podemos Galicia baixo o lema 'Primavera Feminista'


|

Primaverafeministapodemosgalicia


Carolina Bescansa, Carmen Santos e Sofía Castañón participaron na mañá deste sábado na inauguarción dunhas xornadas organizadas por Podemos Galicia en Ames baixo o título 'Primavera Feminista'.


Na súa intervención, a deputada de Unidos Podemos reivindicou "o legado" de Rosalía de Castro como feminista ás portas da celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio, día no que se publicou en 1893 a súa obra 'Cantares galegos'.


Así, manifestou que a loita contra o machismo "non é unha opción" senón "unha obrigación de todas as persoas comprometidas cos dereitos humanos".


"O machismo é un atentado contra os dereitos humanos", expresou, para logo lembrar que "todos os días" as mulleres sofren "unha serie de macro e micro machismos" que "condicionan" as súas vidas.


Pola súa banda, Sofía Castañón indicou que "os debates sobre o feminismo" na sociedade deben ter continuidade e "enriquecerse" coa "posta en común" de experiencias entre mulleres.


Por último, Carmen Santos asegurou que este tipo de debates "son moi necesarios e favorecen á visibilización do modelo político igualitario que defende Podemos".


CHEGADA DO AVE


Bescansa instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a centrarse no cumprimento dos prazos para a chegada do AVE a Galicia e non no que vota En Marea en Madrid.


Segundo recolle o partido morado nun comunicado, Bescansa declarou que lle resulta "curioso" que Feijóo critique o voto emitido pola senadora de En Marea Vanessa Angustia contra unha iniciativa para o impulso de varias infraestruturas para Galicia, entre elas, a chegada do AVE.


Para Bescansa, Feijóo "non pode vir pedir contas" logo dos atrasos no cumprimento dos prazos para a conexión da liña de alta velocidade entre Galicia e o centro peninsular.


Así, recoñeceu que Podemos reclama a finalización das obras, aínda que "o modelo de transporte" que defenden para Galicia "é diferente".

relacionada O grupo de En Marea no Senado vota en contra de garantir o AVE galego para 2019

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE