O Papa chega a Portugal para visitar o Santuario de Fátima

|

Papafrancisco


O Airbus de Alitalia no que viaxa o Papa aterrou na base de Monte Real (Portugal) ás 17.10 horas (16.10 horas en Portugal) para visitar o Santuario de Fátima, onde canonizará este sábado 13 de maio aos pastorciños aos que se lles apareceu a Virxe María, Francisco e Jacinta Marto.


Centenares de peregrinos esperan desde este xoves ao Pontífice en Fátima. Tras a cerimonia de benvida, na que estaban presentes o presidente da República portuguesa, Marcelo Rebelo de Sousa, así como o cardeal e arcebispo de Lisboa, Manuel Clemente, Francisco manterá un encontro privado de 20 minutos co presidente da República Portuguesa.


Segundo informou a Garda Nacional Republicana, ata o medio día deste venres non se rexistrou ningún incidente e a chaira do santuario, con capacidade para preto de 400.000 persoas, xa estaba chea.



A visita do Papa a Fátima deu lugar ao restablecemento dos controis fronteirizos por parte do Servizo de Estranxeiros e Fronteiras (SEF) luso e outros corpos policiais de Portugal en colaboración con axentes da Policía Nacional española. En concreto, estes controis restablecéronse desde as 00,00 horas deste martes 10 de maio e ata as 00,00 horas do domingo 14 de maio.

relacionada Portugal blinda a súa fronteira con Galicia pola visita do Papa a Fátima

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress