O BNG acusa ao PPdeG de plaxiar unha reportaxe xornalística para unha iniciativa parlamentaria

Os catro primeiros parágrafos foron copiados literalmente dunha peza de El Español de 2016 sobre o gas natural licuado.


|

Bngnoapresasparlamentomiguelsantalices


A deputada Noa Presas (BNG) foi capaz de sacarlle as cores ao portavoz popular, Miguel Tellado, ao descubrir que nunha iniciativa presentada polo seu grupo para instar o goberno autonómico a "planificar actuacións que favorezan o impulso do HUB de gas natural licuado (GNL)" na planta de Reganosa, en Murgados, había catro parágrafos literalmente copiados dunha reportaxe xornalística publicada oito meses antes polo xornal El Español sobre os beneficios deste recurso en detrimento do petróleo, baixo o título "Gas natural licuado: o futuro do transporte marítimo sustentable".


"Recoméndolle que cando plaxien catro parágrafos literais dunha noticia se esforcen un pouquiño e citen a fonte", espetoulle a deputada do BNG. E é que a coincidencia entre ambos os textos foi percibida pola portavoz en materia de industria, que estivera documentándose sobre o tema do gas natural licuado, ao tratarse dun asunto moi técnico e casualmente chegou á publicación de El Español.


Conta Presas ao diario El Español que cando oíu as palabras de Tellado, decatouse de que "lle soában". Efectivamente tratábase dun plaxio de catro parágrafos, coa diferenza de que os populares utilizaron unha versión traducida ao galego.


"É un artigo moi interesante, moi didáctico para as persoas que non somos técnicas", engadiu a deputada. "Cíteno e así poderemos velo na súa amplitude", remachou.


Tellado con todo evitou facer referencia na súa resposta ás acusacións dos nacionalistas e limitouse a censurar que o BNG optase pola abstención ante a proposta, segundo informa Praza Pública

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE