A Xunta reactiva este martes os permisos para queimas agrícolas e forestais

O xoves 11 será o primeiro día para realizar queimas previamente documentadas, tras a prohibición mantida as últimas semanas polas condicións climatolóxicas.


|

Queimaagricola// Campo Galego


A Consellería do Medio Rural permitirá de novo a partir deste martes tramitar permisos para facer queimas de restos agrícolas e forestais de acordo coa normativa de aplicación, debido á diminución do risco de incendios forestais polas condicións meteorolóxicas.


Así, o xoves, día 11, será o primeiro día para realizar queimas previamente documentadas, tras a prohibición mantida as últimas semanas polas condicións climatolóxicas.


Os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amontoados nas zonas que determina a lei deberán comunicalo dous días antes de realizala. No caso de queimas de restos forestais, deberá solicitarse unha autorización, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, a Xunta lembrou que as autorizacións deixan de ter validez os días nos que hai vento e altas temperaturas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE