A Garda Civil investigou o cadáver dunha moza achado en Francia que podía ser Diana Quer

Concordaban a súa idade e o seu peso e mesmo tiña unha tatuaxe no mesmo sitio. Apareceu co rostro desfigurado.


|

Dianamariaquer


No mes de decembro os investigadores da desaparición de Diana Quer recibiron unha alerta da Interpol cunha posible pista no caso da moza madrileña. Nun bosque en Francia aparecera un cadáver dunha moza que coincidía coa descrición de Diana.


A vítima apareceu espida, con 26 puñaladas no corpo e o rostro desfigurado. Fora violada e mutilada. Tratábase dunha muller nova, duns 50 quilos e que levaba unha pulseira e unha tatuaxe no costado. As coincidencias fixeron saltar as alarmas, pero non se trataba de Diana Quer.


Os investigadores españois descartaron que fose ela nunha segunda comunicación co Xendarmería. O corpo aparecido medía uns 8 centímetros menos que a moza desaparecida na Pobra do Caramiñal.

relacionada Villanueva non "escatimará recursos" no caso Diana Quer malia o arquivo da causa
relacionada O xuíz arquiva a investigación e levanta o segredo de sumario sobre a desaparición de Diana Quer

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE