Paco Rodríguez e Quico Cadaval, entre os membros do consello asesor da Fundación Galiza Sempre

"O Goberno vasco logrou un acordo de financiamento enormemente vantaxoso, mentres a Galicia sáelle cara a insubmisión da Xunta", asegura Jorquera


|

Fundaciongalizasempre


Na xornada deste sábado 6 de maio constituíuse o Consello Asesor da Fundación Galiza Sempre, un colectivo para "a proxección da personalidade nacional de Galicia e o desenvolvemento do seu pensamento sociopolítico".


En concreto, tal e como enumerou o presidente da fundación, o exportavoz parlamentario do BNG Francisco Jorquera, o Consello Asesor está conformado por persoas de "recoñecido prestixio" no mundo da cultura galega, ou ben cunha dilata traxectoria na historia do nacionalismo galego.


A función deste órgano é a de auxiliar á fundación no desenvolvemento das súas actividades, que pasan por impulsar o desenvolvemento do pensamento político, económico, cultural e social en Galicia, concretamente desde unha perspectiva "centrada no país".


Os membros do Consello Asesor pertencen a diferentes ámbitos --político, sindical, cultural, social, etc-- e son os seguintes: Xosé Díaz, Encarna Otero, Elvira Souto, Olaia Fernández Davila, Francisco Rodríguez, Pilar García Negro, Suso Seixo, Xosé Dios, Quico Cadaval, Manuel Soto, Antolín Alcántara, Ramón Varela, Manuel Mera y Marga Romero.


Ademais deles, os membros do padroado da fundación poderán asistir ás reunións deste Consello Asesor, e son os seguintes: María do Carme García Negro, Uxío Breogán, Xosé Manuel Carril, Ana Miranda e o propio Jorquera.


"ACTIVAR O DEBATE DE IDEAS"


O obxectivo da Fundación Galiza Sempre é "activar o debate de ideas en Galicia", o cal é, a xuízo de Jorquera, "fundamental e consustancial" a unha sociedade "sa e verdadeiramente democrática". "Vivimos tempos nos que, en política, o debate de ideas está total e absolutamente degradado. Substitúense as propostas e ideas polo postureo e o slogan: pensar na frase para o titular de prensa do día en lugar de introducir análises máis profundas", resolveu.


A continuación, explicou que a fundación que preside organizou no mes de marzo unhas xornadas para analizar e debater "a necesidade dun novo modelo de financiamento para Galicia con expertos galegos e outros países do Estado español".


"Acabamos de ver as consecuencias. O Goberno vasco, no marco da negociación dos orzamentos do Estado, conseguiu un acordo de financiamento para o País Vasco enormemente vantaxoso; mentres a Galicia sáelle cara a actitude de total insubmisión do Goberno galego e a ausencia de debate doutras forzas", razoou.


TARIFA ELÉCTRICA GALEGA


Acto seguido, indicou que desde a Fundación Galiza Sempre e desde o nacionalismo galego están a introducir con estudos a necesidade de defender unha tarifa eléctrica galega: "Mentres en Galicia esta proposta era mesmo ridiculizada desde outros ámbitos, acabamos de ver como o País Vasco consegue unha tarifa específica para as súas industrias", subliñou.


Para finalizar, lembrou que as actividades da fundación están abertas sempre á cidadanía e que, en consecuencia, a fundación está "receptiva" ás propostas dos cidadáns.

relacionada O BNG contrapón o acordo do cupo vasco co "recortazo galego" pola "submisión" de Feijóo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE