Goretti Sanmartín (vicepresidenta da Deputación da Coruña) e Francisco Jorquera (ex-portavoz parlamentario) serán, salvo sorpresa maiúscula, os candidatos nacionalistas nas próximas eleccións locais de Compostela e A Coruña, respectivamente. Tamén xa hai candidatos en Pontevedra, Lugo e Ferrol; pero non en Vigo e Ourense.
"O Goberno vasco logrou un acordo de financiamento enormemente vantaxoso, mentres a Galicia sáelle cara a insubmisión da Xunta", asegura Jorquera