O Bloque elixe alcaldables para Santiago e A Coruña

Goretti Sanmartín (vicepresidenta da Deputación da Coruña) e Francisco Jorquera (ex-portavoz parlamentario) serán, salvo sorpresa maiúscula, os candidatos nacionalistas nas próximas eleccións locais de Compostela e A Coruña, respectivamente. Tamén xa hai candidatos en Pontevedra, Lugo e Ferrol; pero non en Vigo e Ourense.


|

Goretti Sanmartín (vicepresidenta da Deputación da Coruña) e Francisco Jorquera (ex-portavoz nacional) serán, salvo sorpresa maiúscula, os candidatos nacionalistas nas próximas eleccións locais de Compostela e A Coruña, respectivamente. Tamén xa hai candidatos en Pontevedra, Lugo e Ferrol; pero non en Vigo e Ourense.


Goretti Sanmartín e Francisco Jorquera
Goretti Sanmartín e Francisco Jorquera


Goretti Sanmartín e Francisco Jorquera serán os candidatos do BNG ás alcaldías de Santiago e A Coruña, respectivamente, nas eleccións municipais do próximo ano. As localidades coruñesas celebran na tarde noite do venres as súas asembleas, nas que os militantes frontistas referendarán a Sanmartín e Jorquera como cabezas de lista para os comicios da próxima primavera.

PROPOSTOS POLA DIRECCIÓN NACIONAL
Os nomes da vicepresidenta da Deputación da Coruña e o do presidente da Fundación Galiza Sempre son os escollidos pola dirección nacional do Bloque e que, previsiblemente, serán referendados polas asembleas locais da formación frontista.

Así, Sanmartín dará a substitución ao actual portavoz do BNG en Santiago, Rubén Cela, candidato nas dúas últimas citas electorais e que hai dúas semanas anunciou que non repetiría o próximo ano por motivos "exclusivamente" persoais.

Á súa vez, o candidato do BNG á Presidencia da Xunta nas autonómicas do ano 2012, Francisco Jorquera, encabezará a lista coa que os nacionalistas tratarán de mellorar o resultado obtido na cidade herculina no ano 2015, cando tan só lograron un acta de concelleira, ocupada por Avia Veira.

SEN CANDIDATO EN VIGO, ONDE SOOU ANA MIRANDA
Deste xeito, a formación que lidera Ana Pontón continúa co proceso de elección de candidatos para as municipais, que espera ter definidos antes do 25 de xullo, polo menos nas sete principais cidades.

Así, confirmado que Miguel Anxo Fernández Lores aspirará a lograr o seu sexto mandato en Pontevedra e que Rubén Arroxo e Iván Rivas encabezarán de novo as listas de Lugo e Ferrol, respectivamente; coa elección de candidatos na Coruña e Santiago tan só faltan por despexar as incógnitas de Ourense e Vigo, onde o BNG quedou sen representación na última cita coas urnas. Un dos nomes de candidatos que soou para a capital olívica é o da eurodeputada Ana Miranda, pero esta posibilidade parece afastada.

TRAXECTORIA DE SANMARTÍN E JORQUERA
Profesora universitaria e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, Goretti Sanmartín --A Estrada (Pontevedra), 1964-- é coordinadora da Executiva nacional do BNG. Ademais, é edil no Concello de Santiago desde 2015, ano no que se converteu en vicepresidenta da Deputación da Coruña grazas ao pacto de goberno entre socialistas e nacionalistas.

Francisco Jorquera --Ferrol, 1961--, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi elixido senador por designación autonómica no ano 2005 en substitución de Anxo Quintana. Tres anos máis tarde logrou un escano no Congreso logo de encabezar a lista do BNG nas eleccións xerais de 2008, resultado que repetiu en 2011.

Jorquera retornou a Galicia para optar á Presidencia da Xunta nos comicios autonómicos de 2012, nos que o BNG caeu ata os sete escanos. Ostentou a portavocía parlamentaria durante a pasada lexislatura e, ao termo da mesma, anunciou a súa renuncia para ir nas listas electorais. Desde entón, preside a Fundación Galiza Sempre, ligada á formación frontista.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE