O Colexio de Xornalistas reivindica a importancia da profesión no Día Mundial da Prensa

Diferentes colexios españois súmanse ao lema da Unesco 'Mentes críticas para tempos críticos' co fin de defender o papel dos medios como instrumentos sociais


|

Colegiosdeperiodistas


Os Colexios Profesionais de Xornalistas de Galicia, Murcia, Andalucía, Castela e León, A Rioxa, País Vasco, Asturias e Navarra, manifestan no Día Mundial da Liberdade de Prensa a importancia da unidade de acción para defender a función do Xornalismo como garante da Democracia e avanzar cara á súa regulación como aval dunha información independente, veraz e rigorosa. Estes Colexios, xunto ao de Cataluña, agrupan e representan a máis de 7.000 profesionais en España.


"Os Colexios sumámonos, a través deste escrito, ao lema da Unesco 'Mentes críticas para tempos críticos: O papel dos medios para o avance de sociedades máis pacíficas, xustas e inclusivas', en defensa dos medios e profesionais fronte aos ataques á súa independencia e como homenaxe aos xornalistas que perderon as súas vidas no desempeño do seu labor. É necesario reivindicar sistemas legais xustos que permitan un exercicio da liberdade de prensa con plenas garantías para os xornalistas; unha prensa libre e responsable que sexa capaz de facilitar o diálogo e xerar unha actitude máis solidaria e tolerante nun mundo globalizado e interconectado".


'LEI MORDAZA' E RETOS


Os profesionais da información, pertencentes aos Colexios de Xornalistas, toman posición en contra da denominada 'Lei Mordaza'. Segundo explican na web do Colexio de Xornalistas, considérana "innecesaria" ao contar con medidas de autorregulación a través das súas propias normas e códigos deontolóxicos, asi como pola lexislación vixente. 


No mesmo comunicado, os xornalistas inciden nos seus dous principais retos dentro do seu labor de dotar aos profesionais da información de instrumentos que permitan protexer a independencia, mellorar as condicións laborais e frear o intrusismo: constituír o Consello Xeral de Colexios de Xornalistas e dispoñer do Estatuto do Xornalista


Os Colexios de Xornalistas teñen entre as súas funcións a representación da profesión ante os poder públicos e requiren da figura do Consello Xeral para poder cumprir coas competencias que teñen atribuídas.


EMPREGO EN COMUNICACIÓN


Os Colexios, incluído o galego, subscribiron o 'Compromiso Público polo Emprego e a Profesión Xornalística' que defende a creación de postos de traballo específicos nas administracións públicas e a profesionalización de postos en gabinetes de prensa, ao requirirse para o seu acceso a titulación en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual (Ciencias da Información), como garantía de independencia e calidade.


Neste propósito, o compromiso está a se facer chegar a concellos, deputacións, delegacións do Goberno, universidades, gobernos e parlamentos autonómicos entre outras entidades públicas, "co obxectivo de concienciar e comprometer a Administración sobre a importancia de contar con xornalistas cualificados", indican. 


Tendo presentes os retos e os obxectivos, os xornalistas acentúan o seu compromiso co "bo xornalismo, o xornalismo honesto, rigoroso, veraz e profesional para conmemorar unidos o Día Mundial da Liberdade de Prensa".

relacionada A Facultade de Xornalismo de Santiago dedica unha aula a Nacho Mirás
relacionada ​Leiceaga acusa a Feijóo de incumplir a Lei de Medios para manter "o control político da CRTVG"
relacionada ​BNG e PSdeG denuncian unha “escalada da manipulación informativa” da TVG
relacionada ​O 38% dos xornalistas galegos teñen contratos temporais ou son autónomos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE