Abanca compra a Popular por 39 millóns a filial de crédito ao consumo de Popular

A súa carteira de créditos sitúase en casi 200 millóns e mantén máis de 15.000 acordos con comercios e concesionarios en España e Portugal


|

Popularserviciosfinancieros

Abanca acordou co Grupo Banco Popular a compra por 39 millóns de euros do 100% de Popular Servizos Financeiros, a antiga división de consumo de Banco Pastor, que conta con 91 traballadores, 43 deles en Galicia, nun total de 11 oficinas (10 en España e 1 en Portugal).


En concreto, a financeira, que se integra en Abanca Consumer Finance, constituída en 2016, conta con oficinas na Coruña, Vigo, Santiago, Sevilla, Madrid, Valencia, Barcelona, Zaragoza e Bilbao. Os servizos centrais están en Bergondo (A Coruña) e Porto.


Nun comunicado, Abanca destaca que, con esta integración, créase "a quinta financeira bancaria de consumo de España", e resalta que "inicia desde Galicia un período de crecemento a través de novas adquisicións, aliñadas cos obxectivos do seu plan estratéxico".


"Os obxectivos inmediatos da operación son alcanzar unha cifra de novo negocio superior aos 800 millóns no próximos tres anos, situarse como líder no noroeste español e facer crecer o negocio nun período do ciclo económico favorable en España e Portugal", resalta o vicepresidente da entidade, Juan Carlos Escotet, a través da nota de prensa.


Abanca explica que "mantén en Galicia a compañía adquirida, conserva os empregos e aumenta a súa presenza en Portugal". En concreto, os 91 traballadores distribúense entre Galicia (43), O Porto (12), Madrid (11), Valencia (7), Cataluña (6), Andalucía (5), País Vasco (4) e Aragón (3).


Engade que a operación lle permite "modernizar e impulsar o negocio, achegando tecnoloxía e dinamismo, para converterse nunha das entidades referentes do sector nun dos segmentos máis rendibles e con maior crecemento".


O impulso á actividade realízase sobre os negocios de financiamento ao consumo, automóbil, préstamos persoais e cartóns de crédito, xunto coa venda de seguros.


Adicionalmente, asegura que os clientes terán "unha das maiores coberturas a escala nacional" e dispoñerán dunha tecnoloxía "punteira" para as súas operacións.


O banco incorpora con esta operación a un grupo de profesionais "moi cualificado", resalta, e cun coñecemento "especializado" neste segmento de negocio.


HISTÓRICA, DE ORIXE GALEGA


Popular Servizos Financeiros é unha entidade financeira "histórica", indica Abanca, de orixe galega (Pastor Servizos Financeiros) no segmento de crédito.


Dispón dun equipo de persoas especializadas no financiamento ao consumo e mantén máis de 15.000 acordos con comercios e concesionarios en España e Portugal, cunha "alta xeración de clientes" (500.000 na Península Ibérica). A súa carteira de créditos a peche de 2016 sitúase en case 200 millóns de euros.


Para Abanca, a compra supón alcanzar no segmento do crédito ao consumo a meta prevista no plan estratéxico para dentro de tres anos e duplicar a nova produción nese período de tempo.


"Popular Servizos Financeiros é unha das financeiras de consumo con mellor calidade do risco grazas ao seu know how e coñecemento do mercado", incide, e apunta que a súa taxa de mora é do 3% e a súa cobertura do 152%.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE