A Eurocidade Monçao-Salvaterra inaugura a súa nova sede na fronteira
Está situada no antigo posto fronteirizo de Monçao e contará con persoal encargado de poñer en valor os lazos entre as localidades.
A Eurocidade de Monçao e Salvaterra de Miño inaugurou a súa nova sede, situada no antigo posto da fronteira de Monçao, onde contará con persoal encargado de informar e poñer en valor o que identifica a estes dous pobos: o río, a cultura, a historia e a gastronomía.
No evento participaron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o secretario de Estado das Comunidades Portuguesas do Goberno de Portugal, José Luis Carneiro; o alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal; e o alcalde de Monçao, Augusto Domínguez.
Rueda destacou a importancia de que as dúas localidades desenvolvan proxectos en común para profundar na cooperación transfronteiriza. Así, esta Eurocidade, que se suma ás galego-portuguesas de Chaves-Verín e Tui-Valença, tamén realizará actividades e actos conxuntos e presentará proxectos para optar a fondos europeos para "dar novos recursos" aos seus 30.000 veciños.
Escribe o teu comentario