O Corredor do Morrazo pecha esta tarde para facer novas voaduras
As obras entre Rande e Meira obrigan a cortar o tráfico de catro a sete en ambos os dous sentidos.
A Xunta fará un novo corte puntual de tráfico este martes no Corredor do Morrazo (Pontevedra), concretamente entre os quilómetros cero e seis, entre Rande e a ligazón de Meira, para garantir a seguridade de usuarios e traballadores mentres realiza voaduras no treito I.
A previsión é que o corte se prolongue de catro a sete da tarde --aínda que tratarán de acurtar a duración--, e entre tanto o tráfico desviarase en sentido Vigo pola ligazón de Meira-Marín pola estrada EP-1102 ata a PO-551, e en sentido Cangas na ligazón de Rande pola PO-551.
Estas obras, que supoñen un investimento total de 54 millóns, enmárcanse no proxecto de conversión do corredor en autovía. Trátase da "maior obra viaria" que ten a Xunta actualmente en execución, cos tramos I e II en obras, e o III en proceso de contratación.
Escribe o teu comentario