Cortan ao tráfico un carril do túnel de Montealegre no corredor do Morrazo

Desde este martes ata o mércores 5 haberá restricións durante o día. É a maior obra viaria en execución en Galicia.


|

Montealegretunecastromorrazo


O corredor do Morrazo rexistrará a partir do martes, día 28, e ata o mércores 5 de abril cortes de tráfico nun dos carrís no túnel existente no subtramo I, baixo o Castro de Montalegre, segundo informa a Xunta.


O obxectivo desta actuación é a realización de sondaxes xeotécnicas e avanzar nas obras de conversión en autovía. A restrición de tráfico establecerase o luns no carril dereito do corredor entre os puntos quilométricos 0+600 ao 1+200, en sentido Cangas.


O tráfico restrinxirase nese carril dereito entre as 09,30 e as 20,00 horas de luns a xoves, e de 9,30 a 13,00 horas o venres. Restablecerase o tráfico no carril fóra deste horario.


A Autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos tramos 1 e 2, e o treito 3 en proceso de contratación, cun investimento total de 54 millóns de euros.

relacionada Barallan levar á xustiza "a afección" ao castro de Montealegre
relacionada O corredor do Morrazo reabre ao tráfico este venres

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE