Villares reprende a Podemos por querer involucrar a JpD na moción de censura

|

Villaresiglesias


O portavoz parlamentario e orgánico de En Marea, Luís Villares, cre que "sobraba" a petición de reunión realizada desde Podemos a Jueces para la Democracia para que esta asociación asesorase o partido na moción de censura ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy.


"As asociacións xudiciais non están para asesorar os partidos políticos en mocións de censura". Así se expresou Villares nunha entrevista este domingo na Radio Galega, onde manifestou que era "previsible" que esta entidade declinase a oferta de reunión.


Precisamente Villares, maxistrado en excedencia desde a súa entrada en política o pasado ano, foi coordinador en Galicia de Jueces para la Democracia. "Unha asociación xudicial ten que emitir o seu parecer sobre asuntos que teñan que ver co propio Poder Xudicial. [...] Outra cousa é que Jueces para la Democracia vaia asesorar ou compartir un espazo cun partido político", manifestou.


Con todo, o portavoz orgánico do partido instrumental apoiou a decisión anunciada polo grupo parlamentario de Unidos Podemos --no que se integran os deputados de En Marea no Congreso-- de presentar unha moción de censura contra Rajoy, xa que existen razóns "de carácter estrutural" para realizala máis aló dos casos de corrupción coñecidos nas últimas semanas sobre o suposto financiamento ilegal do PP.


BEIRAS E YOLANDA DÍAZ


Na entrevista, preguntado polas declaracións do histórico dirixente do nacionalismo galego, Xosé Manuel Beiras, contra a deputada nas Cortes de En Marea Yolanda Díaz, á que acusou de traizoalo; Villares indicou que a formación ruturista debe centrarse en "falar dos problemas da xente e as alternativas políticas que ofrece".


"Cada un ten unha experiencia persoal diferente e podo entendelo na situación persoal de quen o fai", incidiu, para logo remarcar que en En Marea "non sobra ninguén" e que "todos" son "necesarios".


"PROXECTO COMPARTIDO"


E é que, para Villares, "unha cousa é ter unha discrepancia puntual, aínda que poida ser grande nun punto concreto, e outra cousa é compartir o proxecto". Así, insistiu en que, máis aló das diferenciadas aireadas no seo do espazo de confluencia nos últimos meses, "o proxecto" é "compartido" entre todas as sensibilidades integradas en En Marea.


Por último, Villares expresou o seu apoio ao goberno de Ferrol en Común, ao que o pasado venres o pleno municipal retirou algunhas das súas competencias en materia orzamentaria tras un pacto entre PSOE e PP.


Así, o portavoz de En Marea cre que esta decisión o único que consegue é "entorpecer" a posta en marcha de políticas progresistas. "Eu convidaría o PSOE a que se sumase a esas políticas e que non as entorpecese", apostilou.

relacionada Primeira reunión do Consello das Mareas desde a elección de Villares como portavoz
relacionada Villares di que o substituto de Feijóo será "En Marea"
relacionada Villares, sobre a coordinadora: "Non foron excluídos, foi unha renuncia"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress