Sorprendido en Salceda viaxando sobre o capó dun coche cunha empanada en brazos
Tanto o portador da empanada como o condutor do vehículo foron denunciados pola Garda Civil por comportamento indebido e condución temeraria.
A Garda Civil vén de denunciar un mozo que viaxaba en Salceda de Caselas (Pontevedra) sobre o capó dun coche cunha empanada nos seus brazos, por comportamento indebido e por poñer en perigo ao resto de usuarios.
O condutor do vehículo, cuxo nome responde as iniciais de GGT, de Caldelas de Tui e de 26 anos, tamén foi denunciado por alcoholemia positiva e por condución temeraria.
Os dous mozos foron sorprendidos ás 7,30 horas deste sábado por unha patrulla de seguridade cidadá do posto principal do Porriño. O vehículo era un Ford Festa.
Por outra banda, efectivos do destacamento de Tráfico do Porriño detectaron este mesmo sábado tres alcoholemias positivas administrativas, un delito de alcoholemia e unha proba positiva de drogas por consumo de cocaína e anfetaminas en Salceda.
Escribe o teu comentario