Pablo Iglesias propón ao PSOE unha moción de censura contra Rajoy
"Sacar o PP das institucións é unha necesidade", argumenta o líder de Podemos, que anuncia unha rolda de contactos coa oposición.
O líder de Podemos, Pablo Iglesias, emprazou este xoves o PSOE a unir forzas para derrubar a Mariano Rajoy cunha moción de censura no Congreso dos Deputados.
Así o anunciou en rolda de prensa, onde apuntou que, coa acumulación de casos de corrupción que arrasan o PP, "España está a vivir un estado de excepción democrático", co "saqueo" das administracións públicas e cun "comportamento parasito das institucións" por parte do PP. "Sacar o PP das institucións é unha necesidade", conclúe.
Nese contexto, anunciou que abrirá unha rolda de contactos coas demais forzas parlamentarias da oposición para presentar unha moción de censura que derrube o Goberno de Mariano Rajoy.
Sigue lendo a información en Pressdigital.
Escribe o teu comentario