Rajoy non reprende a Catalá nin a Zoido polos seus contactos con investigados por corrupción
O presidente apoia os seus ministros e insiste no argumento de que "o que a fai, págaa".
Os contactos entre membros do goberno cos investigados na operación Lezo parece que non lle van custar o posto a ninguén. Rajoy expresou xa o seu respaldo a Juan Ignacio Zoido e Rafael Catalá, tras coñecerse que eles ou subordinados seus víronse ou escribíronse cos supostos implicados en escándalos de corrupción.
Segundo informou RNE, Rajoy falou por primeira vez deste caso nunha conversación informal cos xornalistas españois que cobren a súa viaxe a Montevideo e deixou claro que non vai cesar nin a Zoido nin a Catalá.
O xefe do Executivo insistiu ante os xornalistas en Uruguai que a 'operación Lezo' demostra que o que a fai, págaa.
Segue lendo a información en Pressdigital.
Escribe o teu comentario