Berizzo: "Espérannos partidos difíciles contra rivais moi duros"

|

Berizzo


O celtismo ten as súas esperanzas postas na Europa League, pola fenda aberta na clasificación ligueira respecto dos postos europeos. Berizzo, con todo, non dá por perdida a esperanza na competición doméstica. "Matematicamente hai unha distancia considerable. Pero os partidos hai que enfrontalos con moita competitividade. Ata que matematicamente non existan opcións, pelexaremos", manifestou o técnico.


O adestrador do Celta vai paso a paso: "O partido de Manchester vén nuns días, pero espérannos partidos difíciles contra rivais moi duros, así que enfrontaremos o encontro do Manchester desde o luns".


Sobre a última derrota dos celestes, Berizzo asume a súa culpa, porque "o cambio de debuxo non nos axudou e non presionamos ben, e iso é responsabilidade do adestrador".


Ademais, lamentou que as malas sensacións chegasen dos menos habituais. "A xente nova sempre está a esperar partidos así, sentíronse incómodos e non nos recoñecemos no trámite do partido a nosostros mesmos. Prefiro un debuxo máis tradicional", sentenciou.

relacionada Mouriño non se obsesiona con reter a Berizzo nin a ningún xogador
relacionada O Celta xogará ante o Manchester United
relacionada A resaca europea cústalle ao Celta a derrota contra o Betis

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress