Os 18 concellos do Camiño Inglés reúnense por primeira vez en Betanzos
A Deputación da Coruña pon de manifesto "o esforzo conxunto" de promoción da ruta de peregrinación.
A Deputación da Coruña reuniu por primeira en Betanzos os 18 concellos do Camiño Inglés. O seu presidente, Valentín González Formoso, afirmou que o evento pon de manifesto "o esforzo conxunto" que este ente provincial e os municipios están a desenvolver para promocionar unha ruta que "foi construída durante séculos polas pisadas dos camiñantes".
En concreto, a Deputación coruñesa, tal e como indicou nun comunicado, congregou na feira 'Primavera non Camiño Inglés' a representantes destes 18 municipios.
De feito, dúas carpas de máis de 160 metros cadrados acolleron actuacións musicais, mostras de artesanía en vivo, degustacións e 'showcookings' de produtos típicos da zona.
O evento contou coa presenza do alcalde de Betanzos, Ramón García, e do delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, así como coa presenza de varios dos rexedores dos municipios polos que pasa o Camiño Inglés.
Escribe o teu comentario