Presenta a súa dimisión o alcalde de Negreira, acusado de apropiación indebida

|

Jorgetunhasnegreira


O alcalde de Negreira, o socialista Jorge Tuñas Caamaño, presentou este xoves a súa dimisión pola súa implicación no caso dos teléfonos móbiles. Diso informaron a Europa Press fontes socialistas, que precisaron que Jorge Tuñas trasladará o seu cesamento ao pleno que a corporación prevé celebrar ás oito da tarde do venres.


Pola súa banda, segundo explicaron fontes da corporación, o rexedor estaba pendente de que se fixase a data do xuízo oral pola súa imputación. En concreto, a Fiscalía considera a Jorge Tuñas presunto autor dun delito de apropiación indebida por non devolver un total de 18 teléfonos ao Concello unha vez cesado do seu cargo como alcalde hai dúas lexislaturas.


No seu escrito de acusación, o Ministerio público pide un ano e nove meses de cárcere, con inhabilitación especial para presentarse como candidato nos procesos electorais durante o tempo da condena. Ademais, pídeselle unha multa de 6.798,15 euros, equivalente ao valor total dos 18 terminais móbiles.


No caso tamén está imputada por apropiación indebida a que fora tenente de alcalde naquela lexislatura, Pilar Pérez, para a que a Fiscalía pide un ano de cárcere e tamén inhabilitación para ser elixida como cargo público durante o tempo que dure a condena.


A ela atribúeselle quedar con seis teléfonos e un kit mans libres para o coche, por valor de 1.893,09 euros, valor polo que se lle impón unha multa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress