Xulgan por malversar fondos europeos ao ex delegado de Feijóo en Ourense

Once anos despois dos feitos, o xulgado de Ribadavia decreta a apertura de xuízo oral contra Rogelio Martínez por malversación, falsidade documental e fraude.


|

RogeliomartinezRogelio Martínez (segundo pola esquerda) durante unha visita a Santo Estevo de Ribas de Sil en 2015 // EP


O Xulgado de Instrución número un de Ribadavia decretou a apertura do xuízo oral contra o que fora man dereita de Feijóo, o ex delegado da Xunta en Ourense Rogelio Martínez. Xúlgano por delitos de malversación de caudais públicos, falsidade documental e fraude de subvencións da Unión Europea que cometeu hai once anos, cando aínda era alcalde de Arnoia.


Os feitos remóntanse a 1999, por mor da presentación dun proxecto de construción dunha planta de biomasa no Concello de Arnoia ao amparo do Plan Leader por un importe de 13 millóns de pesetas (78.131,57 euros) e que a pesar de certificar a execución, nunca levou a cabo.


Segundo a acusación popular, representada pola Asociación para o Progreso do Ribeiro, o que si fixo o Concello foi reconstruír "un galpón" nun monte --obra que o alcalde adxudicou a un familiar seu—para dar aparencia de legalidade ao asunto.


O mesmo sucedeu con outro proxecto de construción de cinco talleres artesanais para a elaboración de cerámica, forxas, pan, madeira e orfebrería no mesmo Concello. Presentáronse solicitudes de axudas para pavimentación de parcelas cun orzamento de algo máis de 1.500 euros nos cinco casos con cargo aos fondos Leader e malia que a súa execución foi certificada, tales traballos nunca se levaron a cabo segundo consta nos autos.


A acusación sinala a responsabilidade de Rogelio Martínez ao considerar que como alcalde de Arnoia e presidente do Grupo de Acción Local "CEIVAM", encargado da xestión das axudas da UE, é autor dun delito de prevaricación.


MAN DEREITA DE FEIJÓO


O que fore home de confianza de Feijóo na provincia, foi nomeado polo de Os Peares -- municipio situado a escasos 50 quilómetros de Arnoia, localidade do que foi rexedor Martínez durante 30 anos— só un mes despois de que o actual xefe do Executivo galego tomase posesión, e cesado polo mesmo en 2015, cando Martínez levaba anos sendo investigado.


APERTURA DO XUÍZO ORAL


O escrito de apertura de xuízo oral, despois de máis de dez anos de instrución, sinala que a vista se celebrará na sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense. Aínda non hai data.


Con todo, o texto decreta o "sobresemento" da acusación contra Rogelio Martínez por un delito continuado de prevaricación, tal e como pedía a acusación particular, a raíz do auto da Audiencia Provincial de Ourense de novembro de 2011.


Deste xeito, Martínez será xulgado polos delitos de malversación de caudais públicos e, fundamentalmente, falsidade documental e fraude de subvencións.


A acusación popular reclama polo delito de falsidade en documento público, seis anos de prisión e unha multa de 24 meses a razón de 50 euros por día, ademais da pena de inhabilitación especial durante seis anos. Esta mesma pena reclámase para outras dúas persoas implicadas no caso.


Polo delito de fraude de subvencións solicita para Rogelio Martínez, como presidente de CEIVAM, e para outras dúas persoas cinco anos de prisión e unha multa do "séxtuplo" da contía defraudada.


Polo delito de malversación de fondos públicos reclama para o ex presidente de CEIVAM e outras tres persoas seis anos de prisión e inhabilitación absoluta durante 10 anos. Subsidiariamente reclama unha multa de 12 meses a razón de 50 euros ao día e inhabilitación especial para cargo ou emprego público e dereito a voto por cinco anos.


LA ACUSACIÓN POPULAR


O caso orixinouse por mor dunha denuncia do BNG que posteriormente contou no respaldo do Grupo socialista. Durante anos a Fiscalía solicitou o arquivo da causa. Once anos despois, nin sequera o denunciante (BNG) segue acudido na causa. A acusación popular recae na Asociación para o Progreso do Ribeiro.


Desde a Asociación para ou Progreso do Ribeiro resaltan que "tíveron que vencer numerosos atascos para que estes feitos sexan xulgados nos tribunais", cando se trata de delitos que "deberían perseguir de oficio a Fiscalía e as instancias públicas".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE