Xabarín Club, o mellor profe de galego dunha xeración, cumpre 23 anos

As súas series traducidas ao galego e os seus videoclips de grupos musicais estarán por sempre no imaxinario colectivo daqueles nenos que merendaban co Xabarín


|

Xabarinclub


O mítico Xabarín Club, o espazo infantil e xuvenil da TVG, posto en antena un 18 de abril de 1994, cumpre hoxe 23 anos. As redes sociais non pasaron por alto esta efeméride e celebran o aniversario do porco bravo máis famoso de todos os tempos, da mesma maneira que Xabarín celebraría o noso naquela sección de aniversarios que todos lembramos.


Xabarín Club viviu unha época de esplendor a mediados dos 90, cando se converteu nun fenómeno social con máis de 100.000 afiliados entre os nenos e nenas galegos, grazas en parte a esas ansias incansables de Xabarín de 'buscar socios'.


Entre os contidos máis populares do Xabarín estaban as series traducidas ao galego, a maioría xaponesas, e os videoclips de grupos musicais galegos como Sinistro Total, Herdeiros da Crus, Aerolíneas Federais, Nación Reixa, Os Diplomáticos de Monte Alto, Killer Barbies, Blood Filloas e tamén outros portugueses e de países lusófonos africanos, que os pequenos rockeiros miraban mentres merendaban. 


Moitos lembrarán temazos como 'Estou na lavadora', 'Que jallo é', 'Non todo é o que parece', 'Prefiro bailar un twist' --interpretada por Manquiña--, 'Carmiña Vacaloura', 'A Velas Vir', 'Churras', e un longo etc.


Un dos grandes éxitos do Xabarín foi promover o uso do galego entre unha xeración de mozos, converténdose no mellor profesor de galego posible. 

relacionada O 25% dos nenos galegos ve a televisión en horario de adultos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE