A Xunta rexeita que Audasa compense as obras da AP-9 cunha subida de peaxes

A concesionaria da arteria galega reclama pola vía contencioso-administrativa case 115 millóns a Fomento.


|

Atascoretencionautopista


Audasa reclama a Fomento unha subida das peaxes na AP-9, para compensar os investimentos na autoestrada, como as ampliacións en Rande e Santiago, e pola rebaixa do tramo Vigo-Pontevedra. A concesionaria da arteria galega presentou un recurso pola vía contencioso-administrativa.


O departamento que dirixe Íñigo de la Serna aínda non se pronunciou respecto diso, pero a Xunta rexeita o incremento das tarifas, polo menos mentres duren as obras. E é que Audasa reclama preto de 115 millóns en base a un acordo en 2011 que establecía a posibilidade de recuperar os seus investimentos vía peaxes.


ATASCOS


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pola súa banda, instou á Xunta e ao Ministerio de Fomento a que impoñan multas a Audasa polo seu "servizo de terceira categoría" na xestión da AP-9, que ao longo da Semana Santa volveu rexistrar retencións.


Este luns, a líder nacionalista reclamou tanto ao Goberno autonómico como ao central que abandonen o discurso de "titulares de boca para fóra" no que anuncian a apertura de "expendientes" á concesionaria da Autoestrada do Atlántico sen que, finalmente, cheguen a tomarse medidas contra unha empresa que recada "380.000 euros ao día" nas peaxes da AP-9.


E é que, para Pontón, as retencións rexistradas esta semana Santa son "o preludio" do que ocorrerá no verán, polo que pediu que se elabore un protocolo de actuación "con medidas claras" polo que, se as colas nas peaxes superan o quilómetro de lonxitude, Audasa veríase obrigada a "levantar as barreiras" para deixar circular o tráfico.


"As CONXESTIÓNS NON SE CONTEMPLARON"


O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, atribuíu as retencións en certos puntos da AP-9 durante os festivos de Semana Santa á existencia de obras, como o desdobramento na ponte de Rande aprobado polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero a través dun convenio con Audasa que non establecía sancións por atascos.


"As conxestións non se contemplaron", incidiu, á vez que expresou o seu desexo de que as obras "terminen pronto" para que esa vía poida seguir "dando un servizo óptimo".


Pero máis aló diso, ao ser preguntado en rolda de prensa sobre as colas que adoitan formarse nas peaxes da AP-9 durante períodos vacacionais, Puy Fraga lembrou que a Xunta "xa se queixou" o verán pasado por ese motivo

relacionada En Marea cuestiona que a Xunta destine 6,7 millóns ás bonificacións na AP-9
relacionada O Parlamento reclama outra vez de forma unánime o traspaso da AP-9

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE