A CdC oferta visitas e exposicións gratuítas durante a Semana Santa
Os visitantes poderán descubrir a arquitectura do complexo deseñado por Peter Eisenman e visitar catro exposicións.
A Cidade da Cultura ofrece para esta semana festiva un programa de actividades que inclúe visitas guiadas diarias para descubrir a arquitectura do complexo deseñado por Peter Eisenman e catro exposicións gratuítas.
Ata o domingo, como indicou a Xunta nun comunicado, todos os días ás 11,00 horas partirán do Museo Centro Gaiás as visitas guiadas polos catro edificios e a súa contorna. A as 12,00 horas repítese o percorrido, pero en inglés.
Así mesmo, os visitantes poderán entrar no Museo para coñecer a exposición 'Dá árbore á cadeira'; á Biblioteca de Galicia para acceder ás mostras 'Balnearia Bibliográfica' e 'Mulleres Sobranceiras'; e asistira 'A liña Hejduk', nas torres.
Escribe o teu comentario