Pillan a tres ladróns 'in fraganti' nunha vivenda de Vigo

 Todos eles teñen antecedentes e moitos deles son por roubos.


|

Herramientasrobovigo


A Policía Nacional detivo a dous homes e unha muller 'in fraganti', mentres perpetraban un roubo no interior dunha vivenda na viguesa rúa Valladolid.


Segundo un comunicado difundido pola Policía, un cidadán informou ao 091 de que vira a tres persoas "con aspecto sospeitoso manipulando a porta" dunha vivenda, polo que dúas dotacións se desprazaron ao lugar e viron que o acceso fora forzado. Entón, os axentes despregáronse polo inmoble e irromperon sobre as tres persoas agora detidas.


No cacheo, as forzas da orde acharon diversas ferramentas cuxas marcas coincidían coas que aparecían na fechadura forzada. Xa en dependencias policiais comprobaron que todos eles teñen antecedentes e que moitos son de roubos.


A partir de aí, os detidos foron postos a disposición do xulgado de instrución número seis de Vigo, que se atopaba en funcións de garda.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE